Advirten sobre a posible privatización do Centro de Atención á Discapacidade de Ourense

A Plataforma PROCAPD Ourense denuncia que as obras do dentro están paradas e que o edificio “segue sendo un esqueleto”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/01/2023 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

A Plataforma PROCAPD Ourense (Centro de Atención a Persoas con Discapacidade), denuncia que leva seis anos sen ter un lugar onde lles aseguren “unha asistencia digna e de calidade” para persoas con discapacidade intelectual.

Rolda de prensa da plataforma Procapd en Ourense
Rolda de prensa da plataforma Procapd en Ourense

A plataforma denuncia que desde o ano 2021, a obra leva parada por mor da crise xeneralizada de prezos. Denuncian tamén a falta de celeridade da Xunta para xestionar e resolver algo que debería ser de máxima urxencia. Despois de ano e medio paralizadas, as obras foron adxudicadas a unha nova empresa desde outubro de 2022.

Outra das cuestións por parte da Plataforma é cal será o tipo de xestión para este centro. Denuncian falta de transparencia nas respostas do Delegado da Xunta en Ourense e o “inhumano silencio da Consellería de Política Social” ante as peticións da plataforma para reunirse co departamento de Fabiola García.

“Isto danos a entender que a xestión será externalizada e privatizada”, por todo isto, a Plataforma quere que o CAPD sexa de xestión pública directa. Para iso, reclama uns prazos para o remate das obras e convocar listas de contratación de persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta