O BNG rexeita o envío de tanques a Ucraína: "Que será o seguinte, enviar soldados?"

Alertou de que "só contribuirá ao aumento da escalada bélica"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mostrou o rexeitamento dos nacionalistas ao envío de tanques a Ucraína e alertou de que "só contribuirá ao aumento da escalada bélica", reiterando a necesidade de "apostar polas vías pacíficas e diplomáticas".

Os nacionalistas reprochan ademais a decisión do Executivo de enviar os tanques Leopard "sen debate e votación" no Congreso, polo que anunciaron o rexistro de solicitudes de comparecencia do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a ministra de Defensa, Margarita Robles no pleno da Cámara. Ademais da escalada bélica, o critica o "seguidismo" do Goberno central na política militarista "dirixida por Estados Unidos, único beneficiario do conflito".

Insiste o deputado nacionalista en "centrar todos os esforzos" en conseguir unha paz "xusta e duradeira" a través do diálogo e a negociación. "Reclamamos a Pedro Sánchez un xiro na política levada a cabo polo Goberno porque, de continuar incrementando a escalada bélica, estar a aumentar o risco de que o conflito escale na confrontación directa da OTAN con Rusia ou, mesmo, ao uso de armamento nuclear", sinalou. Apunta ademais que con esta medida España implícase "de forma máis activa e directa no conflito". "Que será o seguinte, enviar soldados?", preguntouse Rego.

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

¿ Seica Rego pensa que a vía pacífica e diplomática é viable? ¿ Cal será o seguinte? ¿Dicir que él está disposto a negociar cas partes, e que pensa que lle van facer moito caso ? ¿ Ou que él ten a chave de acabar ca guerra?