A Xunta di que destinar fondos Covid para sendas e beirarrúas é legal

Rueda descarta financiar a centros que segreguen por sexos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/01/2023 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta Alfonso Rueda, defendeu o uso que a Xunta fai dos fondos Covid que a UE destinou a Galicia para facer fronte ás consecuencias da pandemia a pesar de que a Axencia Galega de Infraestruturas utiliza parte dos millóns de euros do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 para fins que pouco teñen que ver cos efectos do coronavirus, principalmente, para realizar sendas e beirarrúas.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visita Ourense pola licitación de dúas sendas peonís. XUNTA
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visita Ourense pola licitación de dúas sendas peonís. XUNTA

"Os contidos e finaiidades deste tipo de axudas están moi definidas e se se fan é porque se poden facer", respondeu Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado por esta información do Galicia Confidencial. Neste sentido, destacou que sempre se tenta facer unha "execución axeitada" dos fondos europeos porque, apuntou, están fiscalizados polo Goberno central e pola propia UE.

Por outra banda, o presidente galego negou que se vaian financiar aos centros escolares que segreguen por sexos tal e como esta semana denunciou a CIG. "Non haberá apoio económico a centros que fagan iso", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta