O BNG insta a mellorar os servizos ferroviarios nas Mariñas e pide a creación do baipás de Betanzos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O deputado do BNG, Néstor Rego, reclamou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a mellora dos servizos ferroviarios na comarca das Mariñas mediante a modernización do trazado entre Ferrol e A Coruña e a construción do baipás de Betanzos.

Propoñen tamén nun comunicado, recuperar apeadeiros abandonados como o de Guísamo ou o de San Pantaleón e aumentar as frecuencias. Todo para "implantar os servizos de proximidade ferroviarias na liña A Coruña-Ferrol, co obxectivo de dar un servizo de calidade á comarca das Mariñas, en detrimento do vehículo privado".

Lembran que durante a viaxe entre A Coruña e Ferrol, o maquinista aínda debe cambiar de cabina na estación de Betanzos-Infesta para investir o sentido da marcha, "o que provoca un atraso na hora de chegada".

A isto engaden a obrigatoriedade de realizar un transbordo na estación de Betanzos-Infesta en servizos como o que sae de Ferrol ás 8,40 horas eleva o atraso ata os 40 minutos, "situación que non axuda a promocionar o uso do transporte ferroviario nas comarcas de Ferrol, As Mariñas ou A Coruña".

Estación de tren da Coruña
Estación de tren da Coruña | Fonte: Kai670 - Galipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

O trazado da liña Coruña - Ferrol impide totalmente que poida haber un servicio de cercanías con tempo competitivo. Entre Betanzos e Ferrol o trazado non permite pasar ( nen de lonxe) de os 100 km/h, e somente ao chegar a Ferrol a velocidade máxima sube algo. O tren a Ferrol é bastante mais cómodo que o bus, pero os servicios que hai son mínimos, e o tempo de percorrido non pode competir ca autopista. O tren ten que atravesar tres rías, e o trazado está feito para o século XIX.