O líder do PSdeG confía no alcalde de Baiona, procesado polas multas: "Dará explicacións"

"Ten un compromiso co pobo", suliñou.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/01/2023 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, afirmou que ten "confianza plena" no alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a pesar do auto que ordena seguir a súa causa por un suposto delito continuado de prevaricación administrativa e falsidade documental por simular ter unha licenza de estacionamento para evitar cinco multas municipais.

"Nos próximos días explicará, máis pronto que tarde, que ocorre con esas multas", precisou, nun acto en Pontevedra. "Confiamos absolutamente no alcalde de Baiona", reiterou González Formoso, despois de que o propio rexedor socialista lle ofreceu aos responsables do partido en Galicia unha "explicación" que cualificou de "radicalmente contraria á que vimos reflectida en prensa".

"El dará as explicacións oportunas", sinalou o secretario xeral do PSdeG sobre o alcalde, do que destacou que "ten un compromiso co seu pobo e probablemente dará claves de carácter interno que explican o que está a ocorrer alí".

Ademais do alcalde baionés, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xulgado competente tamén ordenou que se siga a causa respecto ao axente da Policía Local investigado por un delito de falsidade documental.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta