Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2023 | Actualizada ás 19:45
O corpo do home desaparecido fai algo máis dunha semana en Gondomar foi achado este domingo, sen vida, nas marismas da Ramallosa (Nigrán).
Segundo informou o 112 á primeira hora da tarde, no rescate participan efectivos do GES de Valmiñor, da Garda Civil, Policía local de Nigrán e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Tal e como relatan, unha persoa viu o cadáver flotando nas marismas e chamou ao servizo de emerxencias. Ás 14,30 horas desta tarde, recibiuse o aviso para pór en marcha o rescate, xa que o corpo estaba nunha zona de difícil acceso.
O home, tal e como informara a Garda Civil, tiña 48 anos e faltaba da localidade pontevedresa de Gondomar desde o pasado xoves, día 19 de xaneiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.