Caen un 4,3% as licenzas para a construción de edificios de nova planta en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2023 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

As licenzas concedidas para a construción de edificios de nova planta en Galicia caeron un 4,27% durante o mes de outubro, ata 179 inmobles, segundo datos publicados este martes polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press.

En concreto, o número de autorizacións para edificios residenciais baixou un 10,4%, ata 129 unidades, mentres que o non residenciais subiron un 16,3%, ata 50 construcións. Ademais, rehabilitáronse 187 edificios, un 26,3% máis, aínda que tamén se demoleron 17 construcións, aumentando un 23,5%.

Desta maneira, creáronse 129 vivendas de nova planta e 68 por rehabilitación. Así mesmo, demoléronse 19. Por iso, a variación neta do parque de vivendas foi de +178, un 18,7% menos que en outubro de 2021.

Construción de casas e edificios para vivendas
Construción de casas e edificios para vivendas | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta