Temas: 112 061 OURENSE

Evacúan unha muller que inhalou fume debido a un incendio na súa vivenda en Ourense

Unha muller tivo que ser trasladada por inhalación de fume tras producirse un incendio na súa vivenda, situada na Avenida da Habana, en Ourense, que calcinou por completo unha habitación do inmoble.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2023 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser trasladada por inhalación de fume tras producirse un incendio na súa vivenda, situada na Avenida da Habana, en Ourense, que calcinou por completo unha habitación do inmoble.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o incendio iniciouse sobre as 15,45 horas deste martes. Nese momento, un particular chamaba á central de emerxencias para informar deste lume e alertaba de que no interior da vivenda estaba unha muller, pero, a pesar de que a porta estaba aberta, non eran capaces de entrar debido ao fume que había.

Con estes datos, os xestores do 112 mobilizaron aos servizos sanitarios, aos Bombeiros da cidade, aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil.

No interior da vivenda afectada tamén se atopaba un obreiro no momento do incendio que, segundo informou o 112, non necesitou asistencia sanitaria.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Temas: 112 061 OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta