UUAA denuncia que o 50% dos gandeiros galegos aínda producen leite a perdas

O secretario xeral de UUAA, Roberto García, advertiu que "a industria española debe ser consciente de que hai unha caída permanente do número de gandeiros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O sindicato Unións Agrarias (UUAA) volveu a alertar que polo menos o 50 por cento dos gandeiros galegos seguen producindo leite "a perdas", a pesar dun lixeiro incremento do que pagan as industrias lácteas.

O secretario xeral da organización, Roberto García, aclara que "cando se fala de prezo medio, non se pode dicir que se vende a perdas aínda que ese prezo máis razoable téñeno as explotacións máis grandes, que son as que producen a maior parte" do leite en Galicia.

García enunciou que "as explotacións por baixo dos 200.000 quilos cobran unha media de 43 ou 44 céntimos por litro e as explotacións grandes, de máis dun millón de quilos, poden ter prezos por encima dos 60 céntimos".

"Iso si, cando falamos de media dannos outras cifras, sobre 55 céntimos, e nesa media conviven as pequenas explotacións, con 10 céntimos menos, e as grandes, ás que se lles paga sobre 60 céntimos", detallou.

A continuación, o secretario xeral de UUAA advertiu que "a industria española debe ser consciente de que hai unha caída permanente do número de gandeiros" e de "que por primeira vez en moitos anos en Galicia, estes últimos meses, houbo unha caída na produción".

Así, deslizou que nun país onde só se produce "o 75 por cento" do que se consome, hai que ser "moi prudentes á hora de manter unhas condicións económicas ás explotacións que non aceleren o abandono e peche".

"Galicia segue por baixo do prezo medio en España e Europa, non hai nada que xustifique baixadas no prezo para a nova etapa (de novos contratos coa industria)", advertiu Roberto García.

Finalmente, lamentou que "a inmensa maioría dos contratos", entre produtores e industria "teríanse que renovar a principios de marzo, pero as empresas están a ser remisas a mandar a proposta coa oferta económica con dous meses de antelación, como é a súa obrigación", explica.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, en rolda de prensa. UNIÓNS AGRARIAS
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, en rolda de prensa. UNIÓNS AGRARIAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta