Confirman a condena de 5 anos de cárcere por abusar sexualmente da filla menor da súa parella

O TSXG desestimou o recurso de apelación interposto pola defensa

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/02/2023 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto pola defensa dun home que foi condenado a 5 anos de cárcere por un delito continuado de abusos sexuais á filla menor de idade da súa parella.

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra considerou probado que o acusado, entre 2014 e 2018, aproveitando a convivencia coa vítima e a súa nai, que entón era a súa parella, realizou tocamentos á menor en varias zonas do seu corpo, e a pesar de que a nena lle pedía que non o fixese.

Estes abusos producíronse de maneira reiterada, chegando o acusado a entrar no baño cando a nena se estaba duchando, e continuaron ata que cesou a convivencia da parella. Como consecuencia destes feitos, a vítima sufriu unha situación de angustia e ansiedade, que lle provocou tensión postraumática e requiriu tratamento.

Ante a sentenza condenatoria, de outubro de 2022, a defensa presentou un recurso de apelación, alegando que se desvirtuou o principio de presunción de inocencia, pero o TSXG rexeitou os seus argumentos, e deu validez á condena, por canto o testemuño da nena era crible.

Así, o alto tribunal galego expón na súa resolución que é "perfectamente compatible coa presunción de inocencia o feito de que a condena se base nun único testemuño, o da vítima". Con todo, os maxistrados matizan que, neste caso, a condena asentouse tamén noutros testemuños que avalaron o relato da nena.

Sede TSXG
Sede TSXG | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta