Queres saber cando serán os exames para as oposicións da Xunta deste ano ?

Rueda di que así poderán "planificar" con temp a preparación destas probas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2023 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acaba de anunciar as datas previstas para algúns dos procesos selectivos abertos na Administración galega. Son 900 prazas para distintos corpos da función pública; C2, C1, A2 e outros, que terán os seus exames entre xuño e xullo deste ano.

Oposicións. XUNTA
Oposicións. XUNTA

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda dixo que hai 40.000 aspirantes para estas prazas que serán chamados en varias fases. Así os primeiros irán xa na primeira quincena de xuño para cubrir 24 prazas e o segundos na primeira quincena de xullo para cubrir outras nove prazas. Outras dúas estarán reservadas para persoas con algunha discapacidade.

"É a mellor forma que teñen estas persoas para planificarse e preparar esta proba con tempo e seguro que o van a agradecer", dixo Rueda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta