O Sergas insiste nos MIR como solución á crise sanitaria: Primará aos titores na carreira profesional

Comesaña di que as prazas MIR que quedaron libres o pasado ano en Atención Primaria foi responsabilidade do sistema de elección telemática dos destinos e non pola súa mala remuneración económica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O Goberno galego analizou na súa reunión semanal un decreto chamado a incentivar e promover que máis médicos dedicen os seus esforzos á formación do MIR, que permitirá, entre outras cuestións, aos sanitarios que exerzan este papel "acurtar prazos" para alcanzar novos graos na carreira profesional e, en consecuencia, cobrar máis.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou deste decreto e os detalles facilitounos o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen espera que os incentivos xa sexan aplicados para as profesións que contribúan a formar á nova promoción de internos residentes que empezará en maio.

Xunto a outros incentivos, os titores de MIR tamén terán prioridade á hora de participar en actividades de formación continuada e outorgaráselles puntuación adicional nos baremos para que poidan "mellorar" a súa situación en procesos selectivos ou concursos de trasladados.

Comesaña constatou que, a día de hoxe, o Servizo Galego de Saúde ten 900 titores de MIR, dos que 350 corresponden á especialidade de Medicina Familiar. "Temos un problema importante de titores, sobre todo para Primaria", asegurou Comesaña, quen lembrou que este ano a oferta galega de prazas para o primeiro nivel asistencial é de 207 --dos 620 totais--.

Unha persoa suxeita un cartel no que se le: 'Vítima da incompetencia do sistema', na manifestación convocada pola plataforma FSE Unida como protesta ao sistema de adxudicación de prazas MIR este ano fronte ao Ministerio de Sanidade
Unha persoa suxeita un cartel no que se le: 'Vítima da incompetencia do sistema', na manifestación convocada pola plataforma FSE Unida como protesta ao sistema de adxudicación de prazas MIR este ano fronte ao Ministerio de Sanidade | Fonte: Cézaro De Luca - Europa Press

REMUNERACIÓN ECONÓMICA

Por outra banda, Comesaña insistiu na boa remuneración económica dos MIR na Atención Primaria de Galicia e suliñou que que as prazas que quedaron libres o pasado ano nesta especialidade, un 8,5% no conxunto do Estado, foi responsabilidade do sistema de elección telemática dos destinos e non polas malas condicións económicas que se ofrecen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta