Bugallo descarta "gravidade" nos roubos en Santiago: "Non é delincuencia organizada"

Non ve un incremento significativo "nin en número nin en gravidade" dos roubos na cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fixo un chamamento á tranquilidade e afirmou que non se está notando un "incremento significativo" nin "en número nin en gravidade" dos roubos na cidade.

Así o dixo en resposta á preocupación existente na cidade por algúns roubos ocorridos nos últimos días e que o rexedor atribuíu esta situación a que "moitos establecementos, sobre todo de hostalaría, da cidade histórica están pechados", o que "dá lugar a que se movan os delitos a outras direccións".

Trátase, profundou, "basicamente" de roubos en máquinas de vending ou "en establecementos orientados exclusivamente a consecución de efectivo", cun proceder que "non é de ningún tipo de delincuencia organizada", se non de "persoas que están a buscar diñeiro aínda que sexa en cantidades moi modestas" ou mesmo alimentos.

O alcalde confiou en que os servizos de seguridade "vaian esclarecendo" estes sucesos e en que os responsables sexan enviados a prisión. A tenor desta cuestión, lembrou como hai unhas semanas a cidade viviu "un incremento no número de roubos en vehículos" que "cesou no momento no que unha persoa ingresou en Teixeiro", un home que xa fora detido dúas veces con anterioridade e ao que se lle atribúen 18 ilícitos deste tipo.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo / Concello de Santiago / Europa Press
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo / Concello de Santiago / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta