Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 16:09
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres en rolda de prensa unha nova iniciativa en colaboración co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) "para seguir pondo en valor o incalculable do noso patrimonio histórico".
Trátase dun convenio entre ambas as institucións valorado en 270.000 euros, para realizar novas intervencións en oito xacementos arqueolóxicos da provincia. En virtude deste acordo, tamén se impulsarán actividades de divulgación con charlas en sete centros educativos e en dúas sedes da Deputación.
PROXECTOS
Finalmente, estudarase e restaurará unha selección de materiais procedente das intervencións que se efectuaron no Castro de Bendoiro nos anos 2006 e 2007.
Con este programa, seleccionaranse oito proxectos (catro este ano e outros tantos en 2024). Para este ano actuarase nas Torres do Oeste, en Catoira; na Illa de San Sadurniño, en Cambados; nos Chozos do alén, en Fornelos de Montes e en Castrolandín en Cuntis.
Para o 2024 de deixan as intervencións en Garellas, en Forcarei; en Alobre, en Vilagarcía; en Cano dous ouros, en Oia e en petróglifos de Gargamala, en Mondariz.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.