O Parlamento pide ao Goberno iniciar a transición xusta para a central térmica de Meirama

A deputada do BNG, Mercedes Queixas, critica o "incumprimento" por parte do Estado deste concurso, á vez que carga contra a "barra libre" por parte do PP na Xunta para as eléctricas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

O Parlamento galego pediu, por unanimidade tras proposta do Bloque, que o Goberno central inicie de forma inmediata o concurso de transición xusta para a central térmica de Meirama, no municipio coruñés de Cerceda.

Na Comisión de Industria, Mercedes Queixas (BNG) referiuse a a "descoordinada" planificación para a zona, con diferentes anuncios de proxectos "dos que non se sabe nada", tales como unha planta de hidróxeno verde ou unha central hidroeléctrica reversible, ao que se suman catro parques eólicos na contorna.

Así, critica o "incumprimento" por parte do Estado deste concurso, á vez que carga contra a "barra libre" por parte do PP na Xunta para as eléctricas.

Alerta de que esta transición xusta pode converterse nunha "traizón inxusta" para unha zona que "ten memoria recente do espolio", pero "tamén de dignidade".

E é que Mercedes Queixas expuxo que a poboación de Cerceda superaba os 7.000 habitantes en 1980, antes da instalación da central térmica, pero tras o peche desta instalación só quedaban uns 5.000 veciños en 2020. Por iso, pregúntase "como rentó a ganancia" para o pobo se "o camiño é avanzar cara a un deserto demográfico".

Comisión de Industria. PARLAMENTO
Comisión de Industria. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta