Baixan os casos activos de Covid en Galicia, ata os 641, e os ingresados, aos 102

En canto aos hospitalizados con coronavirus, o Sergas notificou este sábado 17 menos, un total de 102. En concreto, son 98 os ingresados en planta e catro en críticos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2023 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou un descenso dos casos activos de covid-19, ata os 641 (-13), mentres que tamén baixaron lixeiramente os hospitalizados, a 102.

De acordo cos datos publicados este sábado polo Sergas, con cifras actualizadas ás 18,00 horas do venres, nas últimas 24 horas contabilizáronse un total de 60 novos positivos por coronavirus.

Por áreas sanitarias, á cabeza segue A Coruña-Cee, con 140 casos activos (-2), seguida de Santiago-Barbanza con 119 (-3). Lugo-A Mariña-Monforte subiu a 105 (+5), Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras baixou a 75 (-4), Pontevedra-O Salnés a 66 (-13) e Ferrol continúa con 50.

En canto aos hospitalizados con coronavirus, o Sergas notificou este sábado 17 menos, un total de 102. En concreto, son 98 os ingresados en planta e catro en críticos.

Os ingresados baixaron en todas as áreas. Na da Coruña, a 28 (-3); Lugo, a 15 (-3); Pontevedra, a 16 (-1); e Vigo, a 15 (-1); en Ferrol, a seis (-2); en Santiago, a nove (-5); en Lugo, a 15 (-3); e en Vigo, a 15 (-1).

Pola súa banda, os contaxios notificados foron oito na área de Ourense; 11 na da Coruña; dous na de Pontevedra; seis na Ferrol; 11 na de Santiago; 14 na de Lugo; e oito na de Vigo.

Arquivo - Un neno recibe a vacina contra o Covid-19.  Paco Poyato - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un neno recibe a vacina contra o Covid-19. Paco Poyato - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta