Calcinado un cuarto dunha vivenda en Verín sen que se producisen danos persoais

Ademais dos Bombeiros, no operativo colaboraron os axentes da Garda Civil, e foron informados os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil municipal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2023 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Un incendio calcinou por completo unha habitación dunha vivenda sen causar danos persoais en Verín, aínda que o resto da casa quedou afectada o fume.

O suceso tivo lugar este domingo na rúa de San Antón, en Verín, minutos despois das 16,30 horas. O 112 tivo constancia a través da chamada dos Bombeiros de Verín. Estes, á súa vez, recibiran o aviso dun familiar da persoa que se atopaba na vivenda no momento dos feitos, que conseguiu saír ilesa ao exterior.

Ademais dos Bombeiros, no operativo colaboraron os axentes da Garda Civil, e foron informados os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil municipal.

Unha vez no punto, e tras valorar a situación, os servizos de extinción procederon a apagar as chamas, que queimaron unha habitación por completo. O fume afectou o resto da vivenda.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta