O PP carga contra o Goberno por "non pedir desculpas" pola lei do 'só sí' e sinala que a reforma "dá a razón" aos críticos

Puy incidiu en que a forma de actuar da secretaria de Estado de Igualdade "non é respectuosa" coas vítimas de agresións sexuais, polo que a Presidencia do Goberno debería proceder ao seu cesamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2023 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PP en Galicia, Pedro Puy, afirmou que a reforma da lei do 'só si é si' rexistrada en solitario polo PSOE "dá a razón" aos que "cuestionaron" a reforma normativa por "rebaixar" penas aos agresores sexuais.

Así o manifestou Puy nunha rolda de prensa celebrada no Pazo do Hórreo este luns, véspera do arranque dunha nova sesión plenaria na que os populares solicitarán, grazas á súa maioría absoluta, o apoio da Cámara á súa petición ao Goberno central de que sexa cesada o número dous do Ministerio de Igualdade, Ángela Rodríguez, Pam, polas súas palabras nas que ironizou sobre os efectos da lei.

Puy incidiu en que a forma de actuar da secretaria de Estado de Igualdade "non é respectuosa" coas vítimas de agresións sexuais, polo que a Presidencia do Goberno debería proceder ao seu cesamento.

O portavoz popular cargou contra o Goberno por "non rectificar" nin "pedir desculpas" tras as rebaixas de condenas que, di, foron advertidas por "informes xurídicos" e polos grupos da oposición.

Ao seu xuízo, "agora" o presidente, Pedro Sánchez, "dá a razón" a estas voces críticas cando o Partido Socialista expón en solitario unha reforma da lei que, segundo Puy, propón "recuperar as penas existentes previas" á normativa elaborada polo Ministerio de Igualdade.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta