O BNG rexistra unha iniciativa no Congreso para eliminar a cita previa obrigatoria na Administración do Estado

Segundi o deputado, Néstor Rego, o Goberno "debe recuperar en todos os organismos e entidades dependentes da Administración Xeral a atención presencial directa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2023 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas para reclamar a eliminación da cita previa obrigatoria e a mellora da atención presencial nos organismos e entidades dependentes da Administración do Estado, sen necesidade de cita previa e articulando medios de solicitude alternativos aos telemáticos.

Ademais, a organización nacionalista tamén reclama establecer os medios, dotando as oficinas do persoal necesario e un horario adecuado para garantir a súa función de servizo público.

O Bloque denuncia que o final das restricións de contactos e movementos con motivo da pandemia da covid-19 non se trasladou ás oficinas da Administración Xeral do Estado e, de facto, nos últimos meses "multiplicáronse" as denuncias por parte da cidadanía pola dificultade de acceso aos servizos públicos.

"Para moitas persoas resulta imposible solicitar unha cita presencial, xa que as canles establecidas para solicitala son telemáticos, sen que se permita conseguila de maneira presencial ou por teléfono", advertiu o deputado.

Ademais, a esta "fenda dixital, súmaselle na maior parte dos casos problemas e dificultades" que o propio sistema xera. "Moitas das aplicacións non funcionan adecuadamente ou non permiten solicitar cita máis aló do curto prazo, polo que os usuarios deben estar pendentes do seu computador para lograr unha cita en canto está dispoñible", lamentou.

Neste sentido, o Goberno "debe recuperar en todos os organismos e entidades dependentes da Administración Xeral a atención presencial directa".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta