Soben os casos activos de COVID en Galicia ademais do número de pacientes hospitalizados

Durante a última xornada detectáronse 67 casos positivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Galicia recuperou este martes a senda alcista nos casos activos de coronavirus e a cifra de pacientes ingresados, que experimentan subidas con respecto aos datos da xornada anterior.

En concreto, segundo o boletín publicado pola Consellería de Sanidade, con datos ata as 18,00 horas do luns, en Galicia hai 621 casos activos, 21 máis que 24 horas antes, e os hospitalizados están en 129 (+13). Na última xornada detectáronse 67 positivos, case o triplo que a anterior.

Por áreas sanitarias, a única que non experimenta cambios en casos activos é a de Vigo, que se mantén en 78. A Coruña, pola súa banda, volve ser a área con máis casos, 128, seguida de preto por Santiago, por 127. Pola súa banda, Lugo ten 89 casos activos, Ourense 76, Ferrol 62 e Pontevedra 61

En canto aos hospitalizados, diminúen na Coruña, ata 34, e en Vigo, ata 16. Pola súa banda, hai 21 enfermos en centros hospitalarios de Pontevedra, 19 nos de Lugo, 16 nos de Santiago, 15 nos de Ourense e oito nos de Ferrol.

Unha persoa maior á súa entrada para vacinarse da cuarta dose de Pfizer na Cidade da Cultura / Álvaro Ballesteros - Europa Press / Europa Press
Unha persoa maior á súa entrada para vacinarse da cuarta dose de Pfizer na Cidade da Cultura / Álvaro Ballesteros - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta