O alcalde de Santiago suspende a axenda tras sufrir unha indisposición que o fixo ir ao hospital

Xosé Sánchez Bugallo estivo ingresado por culpa dunhas molestias que o levaron a ingresar en Urxencias.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 07/02/2023 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, foi dado de alta na mañá deste martes sete de febreiro, despois de pasar a noite en observación no Policlínico santiagues (CHUS).

O alcade de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo
O alcade de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo

O alcalde de Santiago sufriu a última hora deste luns unha indisposición que lle obrigou a anular a súa presenza nos actos previstos para este martes. En concreto, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas, o rexedor sentiuse mal na tarde deste luns e desprazouse ata o Hospital Clínico de Santiago, onde permaneceu varias horas en observación.

Aínda que xa foi dado de alta, a recomendación de descanso que lle pautaron os facultativos levou a que anule os actos que tiña previstos para este martes. En concreto, estaba citado a unha reunión coa Asociación Hostalaría Compostela e ía acudir á entrega do premio San Clemente Abanca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta