A Xunta presenta a súa sociedade ás empresas enerxéticas para atraer novos proxectos

"Trátase de desenvolver aqueles proxectos enmarcados no Polo para a Transformación de Galicia", di Conde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A sociedade público-privada Impulsa Galicia presentou este mércores ás empresas enerxéticas que operan na comunidade o funcionamento da entidade, que ten como obxectivo a axilización de proxectos estratéxicos que contribúan á transformación da economía galega mediante un modelo verde e dixital.

Ademais de dar a coñecer o funcionamento, púxose á súa disposición para o desenvolvemento de novos proxectos tractores. Na reunión participaron o vicepresidente primeiro da Xunta e presidente de Impulsa Galicia, Francisco Conde; a directora xeral da sociedade, Enyd López; a secretaria xeral de Industria, Paula Uría.

Con esta xornada, Impulsa Galicia arrinca unha rolda de encontros sectoriais co tecido empresarial galego. Neste primeiro, centrado no ámbito enerxético, Francisco Conde resaltou que Impulsa Galicia é unha ferramenta para "desenvolver aqueles proxectos enmarcados no Polo para a Transformación de Galicia, pero que ten vocación de futuro e que está ao servizo de todas as empresas galegas".

"Máis aló dos proxectos que estades a levar a cabo en Galicia como promotores, contade con Impulsa Galicia para aqueles proxectos que non poderiades abordar en solitario; proxectos transformadores desde o punto de vista enerxético e que xeren gran impacto", explicou Conde.

Pola súa banda, a directora da sociedade explicou como, tras encargarse da conceptualización dunha idea e de desenvolver o proxecto de negocio, buscan o socio industrial ou investidor para que estude a súa viabilidade.

Encontro sectorial do vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde con axentes económicos / XOÁN CRESPO/XUNTA
Encontro sectorial do vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde con axentes económicos / XOÁN CRESPO/XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta