Aprobado o documento que avala o cambio de modelo dos catro parques de bombeiros de Ourense

Trátase dos do Carballiño-Ribeiro, Xinzo de Limia, Verín e Valdeorras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2023 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou co presidente do consorcio provincial de Ourense para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, Pablo Pérez, na reunión da comisión de estudo técnico-xurídica que se encarga de realizar os trámites para implantar un modelo de xestión directa no catro parques de bombeiros.

Trátase dos do Carballiño-Ribeiro, Xinzo de Limia, Verín e Valdeorras. Á reunión, segundo informa a Xunta, tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

No encontro aprobouse a memoria económica que xustifica o paso a xestión directa, no que se refire a nivel de gasto, así como a relación de persoal que tería que ser subrogado. Esta subrogación, explica a Xunta a través dunha nota de prensa, "realizarase en base á sentenza do Tribunal Supremo de febreiro de 2022 de unificación de doutrina". O proceso continuará agora os pasos correspondentes "antes da aprobación definitiva do novo modelo nun pleno ordinario do Consorcio".

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta