Nos últimos tres anos retiráronse 235 toneladas de lixo das costas

Realizáronse un total de 163 limpezas activas, nas que participaron máis de 660 persoas e dez embarcacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O sector marítimo-pesqueiro galego retirou 235 toneladas de lixo da costa no últimos tres anos a través de 23 proxectos colectivos desenvolvidos pola Xunta cun investimento de 1,2 millóns de euros.

Este venres, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu a unha das xornadas de limpeza impulsadas pola cofraría de pescadores de Vilaboa (Pontevedra). Durante a xornada, a titular do Mar destacou o "alto grao de implicación" do sector na protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños.

Nesta liña avanzou que no último trienio realizáronse un total de 163 limpezas activas, con días de saída específica para retirar residuos de determinadas zonas, nas que participaron máis de 660 persoas e dez embarcacións.

Por outra banda, con relación á limpeza pasiva que consiste en sacar da costa os residuos que chegan nos aparellos durante os traballos ordinarios de pesca ou de extracción de recursos marisqueiros, participaron 470 profesionais do mar e ao redor de 112 embarcacións.

Ademais, segundo o balance desenvolvéronse máis de 114 accións de concienciación ambiental, formación e colaboración entre os axentes implicados, como charlas, xornadas formativas, material divulgativo, conferencias, reportaxes de vídeo e exposicións.

Recollida de lixo da Praia América no marco do festival Vive Nigrán
Recollida de lixo da Praia América no marco do festival Vive Nigrán | Fonte: Vive Nigrán

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta