A Xunta quere que retornen uns 30.000 galegos de Uruguai e Arxentina en catro anos

Alí residen máis de 223.000 galegos, o que supón o 40% do total de poboación galega exterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2023 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A Xunta levou a nova Estratexia Galicia Retorna 2026 a Arxentina e Uruguai para detallar o programa que pretende facilitar o regreso á comunidade autónoma aos galegos residentes no exterior.

Así, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazouse ata estes dous países para explicar a Estratexia, xa que alí residen máis de 223.000 galegos, o que supón o 40% do total de poboación galega exterior. Segundo trasladou a Xunta, Rodríguez Miranda explicou que o obxectivo é facilitar o regreso de ata 30.000 galegos emigrantes e descendentes no próximos catro anos.

Así mesmo, insistiu na idea do retorno como un dereito e unha vantaxe competitiva para incorporar á sociedade galega actual persoas formadas e experimentadas de distintos países a través deste proxecto con centos de medidas e máis de 450 millóns de euros de orzamento.

Nesta liña, Miranda avanzou que a Estratexia componse de catro áreas, unha dedicada ao asesoramento e seguimento, outra ao eixo social, a terceira ao educativo e finalmente a laboral, sobre a que insistiu que "o emprego é imprescindible para asentar á poboación" e por iso destinaranse 175 millóns de euros e 37 medidas específicas.

Neste último ámbito destaca o programa Retorna Emprego, promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que permitirá a 400 galegos contar cun contrato indefinido e asesoramento.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explica a Estratexia Galicia Retorno 2026 en Arxentina e Uruguai.. XUNTA
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explica a Estratexia Galicia Retorno 2026 en Arxentina e Uruguai.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seica andamos faltos de hosteleiros dispostos a abrir bares e cafeterías polo país adiante ? Non vexo retornados noutros sectores, alguén pode dicir se existe algún nicho de mercado para os Retornados "galegos de segunda xeración" (porque os de primeira o virán morrer ou xa quedaron alá...) É todo moi confuso a máis de Pura Propaganda !