Espeta o coche contra un local do centro de Sanxenxo, marcha, e os veciños non se enteran

Foi unha patrulla da Policía Local a que deu a alarma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2023 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A Policía Local de Sanxenxo investiga un accidente rexistrado a pasada madrugada na Praza do Pazo, onde un vehículo se encaixou contra un baixo e abriu unha fenda nunha parede, e cuxo condutor se deu á fuga.

Segundo informaron fontes policiais, a pesar do aparatoso do sinistro, ningún veciño alertou á Policía no momento, e foi unha patrulla de garda a que se decatou do ocorrido e levantou atestado.

Os axentes mandaron retirar o coche, que foi trasladado a dependencias policiais, e conseguiron identificar o propietario do turismo. Este deberá presentarse a prestar declaración en sede policial cando sexa requirido.

Coche encaixado nun baixo da Praza do Pazo, en Sanxenxo
Coche encaixado nun baixo da Praza do Pazo, en Sanxenxo | Fonte: POLICÍA LOCAL DE SANXENXO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta