O irmán de Moncho Reboiras presentará unha querela criminal polo asasinato do líder nacionalista en 1975

Afecta a 26 membros de forzas e corpos de seguridade do Estado (policía armada e membros da Brigada Político Social).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Manuel Reboiras Noia presentará este venres, 17 de febreiro, unha querela criminal nos xulgados de instrución de Ferrol contra 26 membros de forzas e corpos de seguridade do Estado (policía armada e membros da Brigada Político Social) que participaron no operativo, os días 11 e 12 de agosto de 1975, no que foi asasinado o seu irmán, Moncho Reboiras.

Segundo informa o colectivo Ceaqua Galiza nun comunicado, nesta querela impútase aos querelados un delito de asasinato en concurso con crime de lesa humanidade. De tal forma, esta querela súmase ás máis de 80 presentadas no conxunto do Estado por persoas que, no exercicio do seu dereito á verdade, xustiza e reparación, demandan que se investiguen e se xulguen os crimes contra a humanidade cometidos pola ditadura franquista.

Ceaquea convida a participar neste acto público no que participará o equipo xurídico do colectivo e o propio querellante, Manuel Reboiras Noia. Reboiras foi abatido a tiros en Ferrol o 12 de agosto de 1975 por axentes da policía franquista tras protagonizar horas antes unha persecución por varias zonas da cidade naval.

Mural Xosé Ramón Reboiras - Wikipedia
Mural Xosé Ramón Reboiras - Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Temos pendente o Asasinato de Baena: "En mi caso particular no deseo una indemnización económica, lo único que busco es que se anule el juicio de mi hermano y se limpie su nombre. Otras víctimas y familias pensarán de modo diferente y tienen derecho a reclamar indemnizaciones, pero a mí me mueve únicamente el afán de justicia y limpiar el nombre de mi hermano, acusado de un delito que no cometió, torturado y condenado en un juicio injusto tras el que fue asesinado por el Estado. Sra. vicepresidenta, llevo 45 años esperando una disculpa oficial del Estado. ¿Hasta cuándo debo esperar? Ni una sola palabra de ánimo, ni de comprensión, ni una disculpa… https://imatges.vilaweb.cat/naciona...