Detidos 14 membros dos Latin Kings, dirixidos polo seu líder desde unha prisión galega

O xefe da banda atópase no cárcere de Teixeiro desde 2003

Por E.P. | Madrid | 15/02/2023 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

A 'Operación Torcidos' da Garda Civil contra a cúpula dos Latin Kings deixou 14 detidos de entre 18 e 30 anos por unha agresión con armas brancas en Galapagar, Madrid. Derviou dunhas investigacións abertas desde o ano 2021, segundo informan a Europa Press fontes da investigación.

As dilixencias, declaradas secretas, afectaron ao líder da banda, Eric Javier Velastegui, nacido en Ecuador en 1977 e acusado de seguir dirixindo desde a prisión de Teixeiro (A Coruña) a actividade criminal desta organización que rivaliza con outras bandas violentas como Trinitarios e Dominican Don't Play.

Segundo as citadas fontes, os detidos na 'Operación Torcidos' teñen entre 18 e 30 anos e son de nacionalidades peruana, colombiana, dominicana, ecuatoriana, marroquí e española. Investígaselles por pertenza a organización criminal, lesións, ameazas, roubo con violencia e tráfico de drogas.

Nos rexistros realizados onte, os axentes interviñeron documentación relativa á banda, armas brancas, útiles para o menudeo de droga e diñeiro en efectivo. No operativo participaron efectivos da Garda Civil coa colaboración de axentes de Policía Local de Galapagar e municipios lindeiros.

A operación considera que se desarticulou á cúpula directiva dunha facción da banda Latin Kings dirixida polo seu fundador en España, Velastegui, que se atopa no cárcere de Teixeiro (A Coruña) tras ingresar en 2003 por roubar a unha parella que se atopaba no interior dun coche na Casa de Campo de Madrid, introducir no maleteiro ao home e agredir sexualmente á muller.

Dous axentes da Garda Civil nun control para previr a violencia entre bandas.
Dous axentes da Garda Civil nun control para previr a violencia entre bandas. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta