Volve o Festival Rosalía ás rúas compostelás para festexar o "superpoder" do galego

Durante o 24 e 25 de febreiro terán lugar máis de 11 actividades e unha feira de "produtos rosalianos" en varios lugares do centro histórico

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/02/2023 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Rosalía de Castro vestirá capa e anteface un ano máis para protagonizar a quinta edición do Festival Rosalía nos días 24 e 25 de febreiro en Santiago de Compostela cun "amplo e diverso programa" de actividades baixo a lema de 'O galego é o noso superpoder'.

A concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a programación no Pazo de Raxoi acompañada da deputada de Normalización Lingüística da Coruña, María Muíño, e da poeta Marina Oural, que participará destas xornadas ao protagonizar o espectáculo '1 faba, 1 vida', creado por Ugia Pedreira.
Muíño asegurou que este ano o festival, que terá lugar o venres 24 e o sábado 25 de febreiro, incrementará a programación con actividades para todos os públicos, entre as que se inclúen concertos, paseos literarios, un coloquio, exposicións de traballos escolares e unha feira de produtos rosalianos.

Pola súa banda, Mercedes Rosón lembrou que o Festival servirá de "colofón" para o Día de Rosalía, que cada 23 de febreiro homenaxea o nacemento da escritora, no que cada ano se realizan ofrendas florais, actos e actividades que recollen "o espírito e o legado" da poeta galega "máis universal".

A concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a programación do festival Rosalía
A concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a programación do festival Rosalía | Fonte: Europa Press

Ademais, a representante local destacou que todas as actividades transcorrerán "no corazón da zona vella", en espazos como a Praza de Cervantes, o Teatro Principal, o novo centro sociocultural Maruxa e Coralia ou o Colexio Maior San Agustín.


PROGRAMACIÓN COMPOSTA POR MULLERES

A concelleira mostrouse ilusionada pola volta desta cita cultural na que o foco está posto nas mulleres, cunha programación principalmente composta polo xénero feminino. Neste sentido, Rosón mencionou de forma especial o coloquio 'Feminismo en Rosalía' e a representación poética '1 faba, 1 vida'.

A actuación celebrarase no centro sociocultural Maruxa e Coralia a partir das 18,30 horas o sábado 25 de febreiro, día para o que xa hai outro sete actividades programadas. Unha xornada que finalizará co concerto de 'O Val das Mouras' no Teatro Principal a partir das 20,30 horas.

11 ACTIVIDADES E UNHA FEIRA 'MARCA ROSALÍA'

Por outra banda, o venres celebraranse tres actividades pola tarde, entre as que destaca o "paseo literario" con Mercedes Espiño no que os participantes camiñarán pola Compostela actual "acompañados de Rosalía de Castro". Esta iniciativa partirá ás 19,00 horas da Praza de Cervantes.

Ademais, ao longo dos dous días que dure o Festival, estará en funcionamento unha feira de produtos de "marca Rosalía". A apertura deste mercadillo, con artigos que teñen a Rosalía de Castro como inspiración, será o evento encargado de inaugurar cada unha das xornadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta