Accederá Banksy a realizar unha obra sobre o Entroido en Verín?

A vila do Támega quere ingresar na lista das cidades que, coma Londres, Nova Orleans ou Venecia, contan cunha obra orixinal de Banksy. Para provocar esa posibilidade homenaxea ao senlleiro artista cunha exposición ao aire libre con 25 réplicas das súas obras e convídao para que veña pintar alfo sobre o Entroido.

Por Galicia Confidencial | Verín | 18/02/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Concello de Verín homenaxea ao artista e activista social cunha exposición ao aire libre de 25 réplicas das súas obras que conforman un percorrido dunha hora pola vila. Ao mesmo tempo cursáronlle unha invitación para que acuda a pintar á vila do Támega.

Presentación 'Verín, territorio Bansky'. Foto: Concello de Verín.
Presentación 'Verín, territorio Bansky'. Foto: Concello de Verín.

“Nunha enquisa en Reino Unido sobre os artistas máis relevantes da historia, Banksy estaba de primeiro, co renacentista Miguel Anxo de décimo; isto é un exemplo da relevancia que está a tomar o fenómeno do seu arte social”, explicou na presentación do devandito percorrido artístico o rexedor Gerardo Seoane.

"VERÍN, TERRITORIO BANSKY"

Verín territorio Banksy conforma un percorrido dunha hora polas rúas de Verín, onde se rehabilitaron 25 espazos degradados cos facsímiles das obras máis representativas do artista internacional do graffiti. O roteiro está explicado en puntos de información distribuídos pola vila, contará con folletos explicativos e a ubicación das obras está identificadas con códigos QR e placas interpretativas.

Segundo o alcalde de Verín, a finalidade da exposición “Verín, territorio Banksy” é desenvolver “unha pedagoxía positiva: a arte urbana é tamén unha ferramenta de conciencia social”.

“Ecoloxista, pacifista, igualitarista e artista” o autor anónimo máis famoso da historia, segundo Seoane, “ten un toque gamberro, coma cando colgou os seus cadros na Tate Gallery ou no Louvre, polo que é ideal para mandarlle unha mensaxe á xuventude: a mocidade debe ser transgresora, pero tamén comprometida”.

Gerardo Seoane: "Encantaríanos que pintase algo sobre o noso Entroido, en calquera espazo, ou onde queira"

INVITACIÓN PARA VISITAR VERÍN E DEIXAR UNHA PEGADA ARTÍSTICA

Gerardo Seoane explicou tamén que está cursada unha invitación ao autor para que veña a pintar a Verín. “Contactamos cos seus representantes para ofrecerlle a nosa invitación e colaboración, e explicarlle o valor cultural e patrimonial do Entroido. Encantaríanos que pintase algo sobre o noso Entroido, en calquera espazo, ou onde queira”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta