Rueda: "Sánchez ten unha parte importante da solución aos problemas da sanidade"

O presidente galego insiste en que os problemas da sanidade non son exclusivos de Galicia, senón de moitas autonomías e lembra que o PPdeG destina hoxe 300 millóns de euros máis á sanidade que durante o bipartito.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/02/2023 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A masiva manifestación contra a política sanitaria da Xunta aínda segue dando que falar. Tamén as repostas do PPdeG e da Xunta a esta protesta. O presidente galego insiste en que o gran responsable do que está acontecendo co Sergas en Galicia é o presidente español Pedro Sánchez e o seu executivo. "Sánchez ten unha parte importante da solución e iso non quere dicir que nós non teñamos responsabilidades", espetou Alfonso Rueda.

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez (esquerda), recibe o presidente do Goberno de Galicia, Alfonso Rueda, no Palacio da Moncloa
O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez (esquerda), recibe o presidente do Goberno de Galicia, Alfonso Rueda, no Palacio da Moncloa | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego insistiu en que moitas das cousas que hai que solucionar na sanidade pública e na sanidade galega non "dependen" da Xunta. Así lembrou os novos cambios de criterios de docencia "polo que será máis difícil formar a médicos de urxencias", ou a falta de prazas Mir. "O Goberno central ou está de tertuliano ou busca novos problemas", dixo.

Así, e tras insistir GC en se os problemas da sanidade galega son de Madrid logo da campaña do PP en redes #sancheztienelacura, Rueda suliñou que os problemas da sanidade pública "son xeralizados e en España hai problemas específicos que non son alleos á sanidade pública". "Sorprendeme moito que o Goberno central diga que dependen de cada autonomía cando os problemas son comúns a todas as autonomías", dixo.

A "CURA" PARA A SANIDADE GALEGA

En todo caso, e preguntado se o PPdeG ten "cura" para a sanidade galega tras oito anos con dez manifestacións masivas, Rueda botou a ollada atrás e lembrou que durante o goberno bipartito había "máis recortes". "Hoxe adicamos máis de 300 millóns á sanidade que durante o bipartito", indicou.

Rueda tamén se referiu ao acordo acadado cos colexios médicos para poder compatibilizar a sanidade pública coa privada e lembrou que esta medida non é de agora e que xa se fai noutras autonomías. Con todo, quixo deixar claro que con isto o que a Xunta busca, precisamente, é que os médicos queden na pública. "O que tentamos é reter o maior número posible dos médicos na pública. Non é para apaciguar ningún malestar", dixo ao tempo que repetiu que a Xunta non pensa só na problemática sanitaria "un só día" --en alusión á manifestación masiva do pasado domingo--, "senón todos os días".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xanc

O tempo de formación dun médico MIR son 5 anos... Quen fixo a convocatoria MIR no 2017? Quen gobernaba España no 2017? M. Rajoy. Por riba, Galicia é a única comunidade que aplicou este ano o Cupo Autonómico en España. Que é o Cupo Autonómico? Formar a menos xente da que podes formar. Mirade o BOE da convocatoria MIR