A Xunta consolida 314 prazas en centros de día de alzhéimer públicos de xestión externa

As prazas terán unha duración inicial de catro anos, podendo aumentar ata dez

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/02/2023 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O Goberno galego acordou este xoves, na súa reunión semanal, a consolidación de 314 prazas en centros de día especializados na atención de alzheimer de titularidade pública e xestión externa, as cales se contratarán a través do réxime de concerto social.

Segundo trasladou a Xunta, o obxectivo é "garantir a estabilidade na prestación do servizo". Así, indicou que estas prazas concertadas terán unha duración inicial de catro anos, que poderá prolongarse ata 10.

De maneira concreta, este instrumento de concerto social aplicarase en prazas de atención diúrna a persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas en Ferrol, Ribeiro, Lugo, Vivieiro, Ourense, Pontevedra e Vigo.

INCLUSIÓN DIXITAL

Noutra orde de asuntos, o Goberno galego aprobou unha partida de máis de 400.000 euros para subvencionar actividades nos 35 centros que conseguiron as condicións para ser consideradas aulas de referencia da rede CeMIT, co obxectivo de realizar actuacións en materia de inclusión dixital , sobre todo en ámbitos rurais.

Coidadora atendendo a unha anciá
Coidadora atendendo a unha anciá | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta