Os expedientes eólicos e industriais provocan a delegación de competencias de Industria cara outros departamentos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres unha orde sobre a delegación de competencias en diversos órganos que o que fai é distribuír algunhas das funcións que concentra, dado o "volume", o titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde. Unha situación que se produce logo das tramitacións dos expedientes eólicos que segundo o propio conselleiro "desbordaron" aos funcionarios do seu departamento e que confirman fontes consultadas por GC.

O seu cargo, constata, "supón unha concentración de funcións ao redor do seu titular que aconsella, dado o seu volume, recorrer á delegación de competencias noutros órganos, sen esquecer o debido respecto aos principios que fundamentan a actividade administrativa".

Despois de recoller a ampla listaxe de delegacións, puntualiza que queda derrogada unha orde anterior, de marzo do ano pasado, que establecía as delegacións de competencias desta Vicepresidencia nese momento --era a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación--.

En primeiro lugar, esta nova orde recolle ata 18 delegacións de competencias na Secretaría Xeral Técnica --cuestións como resolución de recursos administrativos, sancionadores, de reposición... ou o mesmo "despacho e resolución daqueles expedientes e asuntos de índole administrativa que lle estean atribuídos á persoa titular da consellería e non se deleguen expresamente noutros órganos"--.

Un segundo artigo refírese a a Secretaría Xeral de Industria (con seis delegacións), o terceiro é o relativo á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (sete delegacións), o cuarto o da Dirección Xeral de Comercio e Consumo (outro sete) e o quinto o de xefaturas territoriais (seis delegacións).

Un artigo 6 refírese ao réxime xurídico da delegación de competencias, para precisar que "en calquera momento a persoa titular da consellería poderá reclamar o exercicio das competencias que son delegadas por esta orde".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o seu vicepresidente primeiro, Francisco Conde, na reunión do Consello da Xunta.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o seu vicepresidente primeiro, Francisco Conde, na reunión do Consello da Xunta.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta