Como coñecer a saúde da costa galega a través dos microplásticos

O IEO testará diferentes metodoloxías de microplásticos aparecidos en augas galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2023 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O Instituto Español de Oceanografía (IEO), xunto a científicos da Universidade Técnica de Tallín (Estonia), testará diferentes metodoloxías de mostra de microplásticos en augas das costas galegas.

En concreto, este sábado deu comezo a campaña Andro23 a bordo do buque oceanográfico Anxos Alvariño, que se estenderá ata o vindeiro domingo, día 26 de febreiro.

Na primeira parte desta iniciativa se testarán e compararán diversas metodoloxías para a recollida destes contaminantes, tanto en auga con en aire, co obxectivo de desenvolver alternativas de baixo custo para o estudo dos microplásticos.

"As técnicas actualmente empregadas requiren equipos de difícil manexo e persoal cualificado polo que os científicos traballan na procura de alternativas, como o sistema que expoñen neste proxecto: un dispositivo denominado ferrybox que podería ser empregado en barcos dedicados a fins non científicos, o cal require un testo e comparación previa desta instrumentación", indicou o IEO nun comunicado.

Durante a segunda parte da campaña realizarase unha mostraxe de auga e sedimentos na contorna do punto do derrube do vertedoiro de Bens, acontecido no ano 1996, o que permitirá aos científicos avaliar o impacto da contaminación por plásticos e microplásticos a longo prazo.

Andro23 forma parte do proxecto Andromeda, que se engloba no programa internacional JPI Oceans, no que participan 15 grupos de investigación de Europa e Canadá e céntrase nos retos actuais da caracterización e cuantificación de micro e nanoplásticos no medio mariño. A participación do IEO neste proxecto está liderada polo investigador Jesús Gago, do Centro Oceanográfico de Vigo.

O IEO testará diferentes metodoloxías de mostraxe de microplásticos en augas da costa galega
O IEO testará diferentes metodoloxías de mostraxe de microplásticos en augas da costa galega | Fonte: IEO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta