Sogama presenta dúas candidaturas a fondos europeos para innovación tecnolóxica na xestión de residuos

Estes proxectos aplican tecnoloxías intelixentes á xestión de residuos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/02/2023 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Sogama, xunto a socios de Galicia e Portugal, presentou dúas candidaturas aos Fondos de Cooperación Transfronteiriza España e Portugal (Poctep) para iniciativas de innovación tecnolóxica e economía circular.

O primeiro deles, identificado co acrónimo GRESINT, contempla a incorporación de tecnoloxías intelixentes á xestión de residuos de envases lixeiros, é dicir, aqueles depositados pola cidadanía nos colectores amarelos de recollida selectiva.

Cun orzamento de 920.155 euros e unha duración de 3 anos (desde xullo do 2023 a xuño de 2026), este proxecto desenvolverá un piloto de plataforma de intelixencia artificial para mellorar a recuperación e a reciclaxe de envases.

O segundo dos proxectos candidatos, 'Descarbón', está orientado á captura e comercialización de CO2. Cun orzamento de 997.884 euros e 2 anos de duración (outubro de 2023-setembro de 2025), está conformado por un consorcio do que forman parte, no caso de Galicia, o Instituto Tecnolóxico de Galicia, Energylab e Viratec (Agrupación industrial Galega de Solucións Ambientais e Economía Circular), ademais de Sogama. 

Materiais para reciclado en Sogama
Materiais para reciclado en Sogama | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta