Pero que pasa cos lumes de inverno no Parque Natural do Xurés?

Extinguido outro incendio forestal en Muíños.

Por Europa Press / Redacción | Xurés | 21/02/2023 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio forestal na localidade ourensá de Muíños que afectou a 0,03 hectáreas do Parque Natural de Baixa Limia-O Xurés, segundo as últimas medicións. É o sexto lume no que vai de ano neste parque natural nunha zona moi maltratada polos incendios.

O lume orixinouse ás 21,10 horas deste luns e quedou extinguido ás 22,17 horas. En total, mobilizáronse para o seu control un axente, unha brigada e unha motobomba.

A Xunta lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Vista dun incendio forestal nos picos de Fontefría, a 7 de febreiro de 2023, en Muíños, Ourense
Vista dun incendio forestal nos picos de Fontefría, a 7 de febreiro de 2023, en Muíños, Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta