Premio de Novela Histórica Dona Urraca, un certame para visibilizar o papel das mulleres na historia

Tamén se persegue valorar as novelas históricas ambientadas na provincia de Pontevedra

Por E.P. | Pontevedra | 21/02/2023 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra e a Editorial Guiverny lanzaron a primeira edición do Premio de Novela Histórica Dona Urraca, que nace da vocación de visibilizar o papel das mulleres na historia.

A presidenta da institución Carmela Silva, acompañada por Belén Fortes, directora da editorial, e a deputada de Cultura e Igualdade, Vicky Alonso, foron a encargada de presentar estes galardóns, que repartirá premios de ata 6.000 euros. Os premios xorden coa intención de valorar as novelas de carácter histórico ambientadas na provincia e que teñan ás mulleres como protagonistas.

Carmela Silva sinalou como un "acerto" que o premio tome o nome de Dona Urraca, "un personaxe extraordinario: a primeira raíña de Europa, xa no século XII, que tivo unha presenza moi importante na provincia".

O xurado do I Premio de Novela Histórica Dona Urraca está composto pola escritora Teresa Moure como presidenta, polo escritor Xosé Ramón Pena en calidade de secretario, e as escritoras Belén Fortes, Inma López Silva e Arantza Portabales xunto á traballadora do servizo de Cultura da Deputación Begoña Fernández, como vogais.

Carmela Silva nunha rolda de prensa
Carmela Silva nunha rolda de prensa | Fonte: Deputación de Pontevedra

As persoas interesadas en participar, maiores de idade, teñen ata o 1 de xullo para presentar os seus textos, que poderán estar escritos en galego ou castelán, e deberán ser inéditos e non premiados. A persoa que resulte gañadora, ademais do seis mil euros de premio, verá editada a novela e recibirá un lote de 20 exemplares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta