Por E.P. | Galicia | 22/02/2023 | Actualizada ás 11:28
Galicia notificou este mércores dous novos falecidos con coronavirus, nun contexto no que a pandemia presenta datos á baixa na comunidade, con menos casos activos e menos hospitalizados.
Concretamente, segundo o último parte publicado pola Consellería de Sanidade, con datos ata as 18,00 horas do martes, hai na Comunidade 748 casos activos, 19 menos que 24 horas antes, e 149 hospitalizados, 10 menos. Só unha persoa segue en UCI.
En canto aos falecidos pola pandemia, a cifra global sitúase nos 4.073, coa incorporación á listaxe dun home de 76 anos da área sanitaria de Pontevedra e dunha muller de 85 anos da área sanitaria de Santiago.
Por áreas sanitarias, todas experimentan un descenso na cifra de casos activos menos Pontevedra, que sobe 2, ata 78; e Santiago, que está en 136 (+2). A área de Vigo mantense con 91 casos activos. Pola súa banda, hai 98 en Ourense, 170 na Coruña, 111 en Lugo e 64 en Ferrol.
En canto aos hospitalizados, 35 están en centros da área sanitaria da Coruña, 27 na de Santiago, 24 na de Pontevedra, 21 na de Lugo, 15 na de Ourense, 14 na de Vigo e 13 na de Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.