Lepe honrará ás vítimas do 'Villa de Pitanxo' coa colocación dunha placa

O primeiro oficial do barco, Juan Antonio Cordero, era veciño do municipio

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 23/02/2023 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A localidade de Lepe, en Huelva, entregará o próximo 28 de febreiro, Día de Andalucía, as súas Honras e Distincións da Cidade, recaendo unha delas para as vítimas do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo', que naufragou a 450 quilómetros de Terranova hai agora un ano.

Desta maneira, o Concello pretende honrar aos 21 falecidos na traxedia, xa que precisamente o primeiro oficial do barco, Juan Antonio Cordero, era veciño do municipio.
Será o seu fillo, Juan Antonio Cordero Coro, o encargado de recoller este galardón. Ademais, do mesmo xeito que en moitas localidades galegas, Lepe instalará unha placa cos nomes de todas as vítimas.

O pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo' afundiuse o 15 de febreiro de 2022 en augas próximas a Canadá, acabando coa vida de 21 dos 24 mariñeiros que viaxaban a bordo.

Caraveis vermellos baixo a placa cos nomes da tripulación desaparecida no naufraxio do Villa de Pitanxo instalada en Pontevedra
Caraveis vermellos baixo a placa cos nomes da tripulación desaparecida no naufraxio do Villa de Pitanxo instalada en Pontevedra | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta