Rueda tras a nova dimisión dun novo cargo do Sergas: "Son moitos máis os postos directivos que seguen"

Di que "é normal que haxa relevos e dimisións" no Sergas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/02/2023 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

A dimisión da directora do distrito sanitario de Valdeorras, Margarita Rodríguez Blanco, como xerente da área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras tras tres anos á fronte do mesmo fixo saltar novamente as alarmas sobre os problemas e a tensión interna que vive a sanidade pública galega.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitan a nova UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitan a nova UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago | Fonte: Xunta de Galicia.

Unha dimisión que para o presidente da Xunta non supón ningún problema xa que "é normal" nun organismo no que hai 43.000 profesionais. "É normal que haxa relevos e dimisións", dixo Alfonso Rueda ao tempo que lembrou que "esta profesional" xa explicou as circunstancias da súa dimisión alundido a "circunstancias persoais". 

"Hai moitos profesionais dentro do Sergas. Son moitos máis os postos directivos onde seguen con normalidade que aqueles onde hai baixas e mesmo ceses", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta