Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo contarán con centros 24 horas a vítimas de violencia sexual

Ofrecerán acompañamento e información telefónica, telemática e presencial ás vítimas de agresións sexuais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2023 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A Xunta porá en marcha centros 24 horas de atención a vítimas de violencia sexual nas áreas sanitarias de Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo. Este sábado, a Administración autonómica informou nun comunicado da firma por parte dos conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña, e de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, da transferencia de 2 millóns de euros fondos dun departamento ao outro para a posta en marcha destes centros.

A creación destas unidades permanentes que traballarán 24 horas durante os 365 días do ano está contemplada no Plan España Protéxeche, integrado en en Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia articulado polo Executivo central.

Estes centros ofrecerán acompañamento e información telefónica, telemática e presencial ás vítimas de agresións sexuais, que poderán solicitar atención psicolóxica, xurídica e social tanto para elas como para os seus familiares e persoas da súa contorna.

A Xunta explica que a localización destas unidades nas áreas sanitarias galegas "facilitará unha mellor coordinación dos servizos na atención de emerxencia ás posibles vítimas de violencia sexual".

Os conselleiros de Sanidade, Xullo García Comesaña, e de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinan un convenio para crear centros de atención 24 horas a vítimas de violencia sexual en Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo. XUNTA
Os conselleiros de Sanidade, Xullo García Comesaña, e de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinan un convenio para crear centros de atención 24 horas a vítimas de violencia sexual en Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta