O Sergas flexibiliza a penalización do sistema de chamadas a sanitarios

O novo sistema, que entra en vigor este martes, recolle que serán penalizados os sanitarios que non atendan a chamada no terceiro intento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2023 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a flexibilización do sistema de chamamentos a persoal sanitario para cubrir vacantes e reforzos, que entrará en vigor este martes.

En concreto, esta resolución afecta as penalizacións por chamadas non atendidas. Nas que non sexan de carácter urxente, poderanse facer máis de tres intentos nun día, pero para penalización só se contabilizarán tres e sempre que estivesen separadas por intervalos de 15 minutos.

No caso de que se fagan tres chamadas separadas por menos deste tempo, o órgano competente poderá proceder a contactar coa seguinte persoa da lista, pero a efectos de penalización só contará un único intento.

Ademais, naqueles chamamentos de carácter urxente, faranse dúas chamadas antes de pasar ao seguinte, pero para a sanción só se contabilizará unha como non atendida cada día. A flexibilización do sistema de penalizacións parte dun acordo alcanzado entre o Sergas e os sindicatos o pasado 2 de febreiro, no seo da comisión de seguimento do pacto sobre selección de persoal temporal asinado en 2016.

A maiores, as administracións e os sindicatos engadiron uns parágrafos para que, no ámbito dos chamamentos no Sergas --fóra dos do 061--, se faga unha alternancia ao 50 por cento entre o persoal da quenda de promoción profesional e a quenda libre pero por categoría e distrito sanitario.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas)
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Fonte: Arquivo - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta