Ence gañou 167 millóns tras a sentenza do TS que avala que quede na ría de Pontevedra

A papeleira sae de perdas e consigue 247 millóns de beneficio en 2022.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 28/02/2023 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

Ence Enerxía e Celulosa obtivo un beneficio neto consolidado de 247 millóns de euros no ano 2022, tras rexistrar perdas por valor de 190 millóns de euros no ano anterior, segundo informou este martes a compañía á Comisión Nacional de Mercados e Valores (CNMV). Ademais, 167 millons reverteunos tras a sentenza do Tribunal Supremo que avala a súa continuidade na ría de Pontevedra.

Desde Ence explicaron que este peche positivo do ano ten a súa orixe nos "fortes" prezos da celulosa e os "bos" resultados operativos. Á súa vez, a marxe operativa do negocio tamén se incrementou en 2022, debido á mellora do tipo de cambio, mitigando o efecto da suspensión de actividade en Pontevedra e compensando a inflación no custo das materias primas.

Así, o resultado operativo do negocio de Celulosa alcanzou os 27 millóns de euros no cuarto trimestre e elevouse ata os 138 millóns de euros no conxunto de 2022. Doutra banda, o resultado operativo do negocio de Enerxía Renovable alcanzou os 13 millóns de euros no cuarto trimestre, elevando o acumulado do ano ata os 110 millóns de euros.

A compañía tamén destacou que, tras a sentenza do pasado 7 de febreiro do Tribunal Supremo (que ratificou a validez a prórroga da concesión da fábrica da compañía en Pontevedra ata o ano 2073), Ence logrou reverter 169 millóns das deterioracións e provisións rexistrados no negocio de celulosa nos estados financeiros de 2021 --como resultado das sentenzas da Audiencia Nacional, ditadas no devandito ano---.

NOVAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

A fortaleza do balance económico de 2022, segundo resaltaron desde Ence, achega "flexibilidade" á compañía para aproveitar as oportunidades de crecemento. Desta maneira, no negocio da Celulosa, Ence continúa avanzando no proxecto 'Navia Excelente' para potenciar a venda dos seus produtos diferenciados, para o que contempla un investimento estimado de máis de 105 millóns de euros no período 2023-2025.

Así mesmo, a compañía anunciou en 2022 que está a analizar un novo proxecto na localidade coruñesa das Pontes para a produción de fibra blanqueada mixta, a partir de papel e cartón recuperado, e de fibra virxe producida por Ence. A primeira fase do proxecto consiste nunha liña de 100.000 toneladas anuais que podería estar operativa en 2026, cun investimento inicialmente estimado de 125 millóns de euros.

Mentres, no negocio de enerxía renovable, Ence está a desenvolver unha carteira de 140 megawatts (MW) en biomasa a través da súa filial Magnon Green Energy, ademais doutros 673 MW fotovoltaicos.

DIVIDENDO DE 0,29 EUROS

O consello de administración de Ence acordou repartir un dividendo excepcional a conta dos resultados de 2022 por importe de 70 millóns de euros, equivalente a 0,29 euros brutos por acción, que se abonará o próximo 16 de marzo.

Estes 70 millóns súmanse aos 67 millóns xa distribuídos durante o ano pasado, o que eleva a cifra total ata os 137 millóns de euros.

O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra
O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra | Fonte: Gustavo de la Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta