A economía galega termina o ano "desacelerando" e "desaxustada" coa española que vai mellor

Segundo o indicador Abanca-Foro, hai "certo desaxuste".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2023 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

O indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou en decembro un incremento interanual do 1,2%, catro décimas por baixo da taxa de novembro. Este descenso "confirma a tendencia á baixa" na actividade económica, que se iniciou a finais do verán, cando alcanzara o máximo, do 3,2%.

O ano termina "evitando a recesión" que se temía, segundo sinala o Foro, pero a comparación cos datos do conxunto estatal "confirma un desaxuste" nos seus ritmos de crecemento, "mostrando España un mellor comportamento que Galicia".

Esta evolución, segundo destaca, "permite á economía galega quedar ás portas de recuperar os valores anteriores á pandemia". "De seguir, a ansiada recuperación nos niveis prepandémicos sería alcanzada no primeiro trimestre de 2023", apunta. En calquera caso, asume a "incerteza internacional", que segue "moi presente" e afecta á confianza dos consumidores e á evolución de sectores "chave" como o industrial.

Contenedores de Exportación. EUROPA PRESS - Archivo
Contenedores de Exportación. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta