2023, o ano no que entra por primeira vez unha muller na Academia Nacional de Ciencias Odontolóxicas

Inmaculada Tomás, profesora da USC, recibiu numerosos premios de investigación e alberga tres patentes con rexistro estatal

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/02/2023 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A catedrática da área de Estomatoloxía da USC, Inmaculada Tomás, converterase na primeira muller odontóloga en España que tome posesión como numeraria 16 na Academia Nacional de Ciencias Odontolóxicas. O acto desenvolverase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o vindeiro 14 de abril.

Inmaculada Tomás, catedrática da USC da área de Estomatoloxía
Inmaculada Tomás, catedrática da USC da área de Estomatoloxía | Fonte: USC

“Hai catorce varóns na Academia e imos ser dúas mulleres, coa incorporación dunha estomatóloga”, explica a profesora Tomás, quen agarda ter a oportunidade, a través deste nomeamento, de obter maior visibilidade e impacto para as súas liñas de investigación.

“A miña actividade investigadora está centrada no avance científico das ciencias odontolóxicas, comezando inicialmente no campo da microbioloxía oral para incorporar, nos últimos dez anos, as tecnoloxías ómicas e as técnicas de intelixencia artificial”, explica. 

PREMIOS DE INVESTIGACIÓN

A profesora Tomás foi vicedecana de Odontoloxía entre 2011 e 2014. Na actualidade, é coordinadora da Unidade Clínica e de Investigación en Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais e coordinadora do grupo de investigación ‘Oral Sciences Research Group’ da USC.

Editora asociada de varias revistas científicas, a profesora recibiu numerosos premios de investigación. Tomás alberga tamén tres patentes con rexistro estatal e participou en 25 proxectos, tanto competitivos de I+D+i de índole estatal. Ademais, é autora do libro de referencia na materia Odontoloxía en Pacientes con Necesidades Especiais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta