O primeiro 'Encontro 21 días co galego e+' reúne a 700 persoas

O programa acadou este ano a cifra máis alta de participantes ata o momento

Por E.P. | Galicia | 28/02/2023 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Unhas 700 persoas déronse cita este martes na Cidade da Cultura para celebrar o primeiro encontro que reuniu unha ampla representación do alumnado e do profesorado participante no programa de dinamización lingüística '21 días co galego e+', promovido pola Xunta co obxectivo de estimular o uso oral da lingua galega entre a xente nova tanto dentro como fóra dos centros de ensino.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, agradeceu aos participantes que axudaron a "facer crecer esta iniciativa que mostra que se pode usar o galego todos os días e para calquera cousa" e expresou o seu desexo de que "a experiencia fose positiva" e o uso da lingua propia de Galicia creza.

Segundo trasladou a Consellería, o evento estivo animado polos xornalistas Carlos Amado e Esther Estévez. Así, os representantes dos 12 centros participantes subiron por quendas ao escenario para interpretar ante os demais os seus respectivos espectáculos.

'21 días co galego' desenvolveuse entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro en 12 centros de ensino do catro provincias galegas e conseguiu a cifra máis alta de participantes ata o momento, con máis de 4.500 persoas involucradas.

I Encontro 21 días co galego e+
I Encontro 21 días co galego e+ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta