O prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Xunta estará aberto ata o 2 de maio

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2023 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Este mércores quedou aberto ata o 2 de maio o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega, que serán empregadas para a cobertura de vacantes, substitucións e reforzos nos servizos públicos.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución da Dirección Xeral da Función Pública para a inscrición nestas listas, que poden facer calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación.

As persoas contratadas prestarán servizos, entre outros, en institutos politécnicos, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou como intérprete de linguaxe de signos.

En total hai dispoñibles un total de 32 listas, 24 delas para empregos como funcionario interino e o oito restantes, de persoal laboral. A oferta inclúe postos de enxeñeiro de camiños, canles e portos; de montes e de minas, veterinarios, enfermeiro ou fisioterapeuta, entre outros.

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta