Xa hai datas para as oposicións de 5.700 prazas do Sergas

Delas, 3.900 son por concurso-oposición e o resto por concurso de méritos. A prioridade é enfermaría e atención primaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2023 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este xoves o calendario de exames para acceder a un total de 5.700 prazas no Servizo Galego de Saúde (Sergas), que se celebrarán entre xuño de 2023 e febreiro de 2024.  O Obxectivo desta oferta pública de emprego (OPE) é deixar a taxa de temporalidade "por baixo do 8 por cento", segundo detallou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa.

De todas estas vacantes, 3.870 serán a través de concurso-oposición, ás que haberá que sumar outras 1.815 exclusivamente por concurso de méritos. Así, os exames da fase de oposición son os que terán lugar entre xuño deste ano e febreiro do que vén, mentres que os concursos --tanto os que acompañan ás oposicións como os procesos que unicamente avalían méritos-- confían en que queden "resoltos en outubro".

Exame oposición no recinto feiral de Silleda / Arquivo / Europa Press
Exame oposición no recinto feiral de Silleda / Arquivo / Europa Press

Das prazas por concurso-oposición, o 45% son para enfermearía, 165 para médicos especialistas, 155 para médicos de familia e o resto para persoal de servizo. Para o concurso de méritos sairán as listas de adminitidos este marzo e as prazas estarán resoltas no mes de outubro. A Xunta daralle prioridade a enfermaría e médicos de atención primaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta