Traballadores de Navantia maniféstanse para pedir á empresa un novo plan industrial

O alcalde de Ferrol e os traballadores coinciden en pedir ao Goberno un novo dique e máis persoal

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 02/03/2023 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

Os traballadores de Navantia Ferrol manifestáronse na mañá deste xoves polas rúas desta cidade para demandar da dirección da empresa a presentación de maneira inmediata dun novo plan industrial.

A marcha partiu desde o estaleiro pasadas as 10,30 horas e finalizou na praza de Armas, onde os integrantes do comité de empresa se reunían no Concello co alcalde desta cidade, Anxo Mato (PSOE).

Tralo encontro, o presidente do comité de empresa, asegurou que se abordaron asuntos como "ese futuro proxecto con Australia, os investimentos asociados e do atraso noutros asuntos", nos cales pediron a colaboración do rexedor, como a fábrica dixital de bloques e a transformación do estaleiro de Fene, da sección de turbinas ou carenas.

Ademais, tamén pediu a colaboración para o plan de emprego, que "tan importante é para a comarca" e "no que, por desgraza, Navantia está a atrasarse moito".

DIQUE

García Juanatey tamén detallou que, en caso de materializarse un encargo para o Goberno de Australia, "e que parece que vai saír", necesitarían "máis capacidade para sacar máis barcos, como tamén o beneficio para poder sufragalo", en alusión ao dique seco para o estaleiro de Ferrol.

Navantia reparou na ría de Ferrol durante 2022 ata 19 buques
Navantia reparou na ría de Ferrol durante 2022 ata 19 buques | Fonte: Europa Press

Pola súa banda, o alcalde, Anxo Mato, detallou unha vez finalizado o encontro que "lles trasladamos aos traballadores unha vez máis o noso apoio nas súas reivindicacións, xa que as consideramos propias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta