Rueda: "O PPdeG gobernará en sitios onde quedamos a pouca distancia en 2019"

Cre que o 28M o PPdeG terá resultados "mellores" que en 2019, cando "non foron bos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2023 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia



O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse este xoves convencido de que o PPdeG vai mellorar "os resultados de 2019 nas eleccións municipais do 28 de maio, porque fai catro anos "non foron bos".

Interpelado respecto diso na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, respondeu que "sinceramente" cre que os populares subirán: "Cada día pénsoo máis", dixo en base ás enquisas que manexa, as que se fan públicas e á "sensación" que lle transmite a rúa.

Así, segundo vaticinou, serán uns resultados "sensiblemente mellores" aos de 2019 porque "non foron bos". "Hai que ser sinceros, non foron bos e é máis sinxelo de mellorar que se foran bastante mellor", explicou.

Neste sentido, aínda que evitou sinalar municipios concretos, Rueda augurou que "probablemente" o PP gobernará en lugares onde agora non o fai: "Sobre todo onde quedamos a moi pouca distancia".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dirixe a reunión do Consello.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dirixe a reunión do Consello.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 el caos por favor el caos....

En galicia poñen a un Ñú e coa Voz que lle dan saca 58 .... non hai más¡¡¡¡

1 ixtlan

As reflexións de Rueda neste artigo son moi sisudas e profundas. Dignas dun Presidente con máster (mesmo doutoramento) na Universidad Rey Juan Carlos